Sae a licitación o proxecto de seguridade viaria na travesía de Noia

NOIA> A Conselleira de Infraestruturas visitou Noia para anunciar a saída a licitación do proxecto de seguridade viaria na travesía da AC-550. A obra, que contempla a construción dunha rotonda no cruce da Barquiña, suporá un investimento de máis dun millón de euros.

A Xunta vén de sacar a licitación esta obra que suporá un importante incremento da seguridade na travesía de Noia nun treito de máis dun quilómetro entre a alameda e o cruce da Barquiña, onde se construirá unha rotonda de 26 metros de diámetro.

Paralelamente continúa  a tramitación das expropiacións para poder acometer o proxecto que non afectaron a vivendas senón tan só ó peche perimetral de dúas propiedades.

A intención da Consellería é iniciar os traballos no mes de setembro. O proxecto, presupostado en máis de 1,1 millóns de euros, conta cun prazo de execución de dez meses polo que a vía renovada podería estar en servizo no verán de 2023.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí