NOIA> Unha das actividades deportivas máis destacadas das festas de Noia será o 6º Trofeo Portus Apostoli. O encontro disputarase mañá ás oito da tarde entre o Noia Postus Apostoli e o Club Eléctrico de Portugal.
O trofeo Portus Apostoli de fútbol sala segue a medrar e nesta sexta edición recupera o seu carácter internacional. O Noia Portus Apostoli enfrontarase ó Eléctrico de Portugal nun auténtico espectáculo deportivo que terá lugar este sábado a partir das oito no pavillón Agustín Mourís.
Trátase do último partido da pretemporada antes de iniciar a liga na que o equipo noiés agarda manter os bos resultados da pasada tempada.
O trofeo enmárcase nas festas patronais de San Bartolomeu supoñendo un atractivo máis non só para os afeccionados noieses senón tamén para os moitos visitantes que nestes días se desprazan a Noia, onde poderán disfrutar dun encontro de primeiro nivel.