Vilalonga e Sanxenxo buscan dúas victorias que lles den aire

SALNÉS> O Vilalonga xogará na casa ante o Cultural Areas mentres que o Sanxenxo visitará ó Estradense.

{flowplayer}images/salnes/terceira_211011.flv{/flowplayer} 

O Vilalonga busca ante o Areas o punto de inflexión definitivo. A victoria en Lalín curtou coa xeira de tres derrotas consecutivas para os de Gabi Leis que agora queren sumar outros tres puntos a costa do último clasificado.

Ó Areas xogoulle unha mala pasada o calendario xa que neste inicio tivo que enfrontarse cos equipos máis potentes do grupo. Espérase polo tanto que vaia a máis. Non será un rival sinxelo para o Vilalonga porque ademais sempre amosa a súa mellor cara coma visitante.

O Sanxenxo pola súa parte busca recuperar na Baiuca o que perdeu na casa a semana pasada. O equipo de Calucho cada vez deixa mellores sensacións pero fáltalle rematar a faena. Ante o Estradense agárdase un partido moi aberto xa que se enfrontan os dous equipos que máis goles reciben do grupo.

Redacción Salnés