Centos de persoas acuden ao regreso da Romaría das Cabezas de Meis para gozar coas misas e o polbo

MEIS> Centos de persoas achegáronse para gozar do regreso da Romaría das Cabezas de Meis. As atraccións, os postos ambulantes, a música e sobre todo o polbo complementan ás tradicionais misas que se celebran no Mosteiro da Armenteira. Xa sexa a pé ou en vehículo ata a romaría achégase xente de toda a comarca e arredores.

A música volveu a soar para animar aos centos de persoas que se achegou á Romaría das cabezas de Meis no seu regreso trala pandemia. Ata o Mosteiro da Armenteira achégase xente de toda a comarca e arredores. A tradición é ir camiñando pero xa sexa a pé ou en vehículo ninguén se quere perder a Romaría das cabezas.

A celebración das misas e a procesión son o maior reclamo do Mosteiro da Armenteira, pero as posibilidades que ofrece esta romaría son moi variadas e cada un ten as súas preferencias.

Despois de da parada provocada pola pandemia a xente celebra que as festas se poidan celebrar con normalidade.

E quen máis o agradece son os vendedores ambulantes e o feirantes que forma parte dun dos sectores que máis sufriu as consecuencias da pandemia.

Os feirantes destacan a gran cantidade de xente que se achegou este ano á Romaría e que non dubida en mercar os seus produtos ou gozar das súas atraccións.

As misas sucedéronse ao longo de todo o día, e na contorna do Mosteiro os visitantes aproveitaron para gozar do polvo, das atraccións e da música da banda MIL9 durante toda a xornada. O festexo pechouse coa actuación de Marietta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí