Meis cualifica de insuficiente e falta de respecto a comunicación do Sergas sobre o novo pediatra

MEIS> O Sergas incorporará un novo pediatra no Salnés que traballará a media xornada nos concellos de Meis e Meaño. A alcaldesa de Meis asegurou decatarse da noticia polos medios de comunicación e considera que é insuficiente e unha falta de respecto institucional. Marta Giráldez descoñece o nome do pediatra e o seu horario de atención.

Unha das grandes demandas do concello de Meis está preto de chegar ao seu final pero non sen polémica. Tras moitos meses demandando un pediatra, a Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés normalizará a cobertura infantil nos concellos de Meis e Meaño. Así o informou a consellería a través dunha nota de prensa.

Ambas localidades repartiranse ao especialista a media xornada. Unha medida que dende Meis consideran insuficiente.

Dende o concello descoñecen cando se presentará o servizo e en que horarios.

Segundo a alcaldesa, o mal servizo está a provocar que moitos pais trasladen aos seus fillos a outras localidades veciñas.

O Sergas informou que o novo pediatra comezará incorporarase o vindeiro 4 de decembro. Polo de agora se descoñece o horario que terá o especialista en cada concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí