![]()
SANXENXO> Logo de cinco anos consecutivos levando a cabo ‘Paifillonai’, o balance non pode ser mais positivo.
{flowplayer}images/salnes/PAIFILLONAI_130709.flv{/flowplayer}
SANXENXO> Logo de cinco anos consecutivos levando a cabo ‘Paifillonai’, o balance non pode ser mais positivo. Esta mañá, a alcaldesa Catalina González, visitaba o CEIP Portonovo, para participar cos cativos das actividades levadas a cabo polos profesores.
Son moitas as parellas nas que traballan os dous cónxuxes e cando teñen fillos, a chegada do verán convértese nun problema, sobre todo en concellos como Sanxenxo, onde moitas veces, o verán constitúe a tempada de traballo máis intenso. O Programa municipal de conciliación familiar e laboral, Paifillonai, chega á súa quinta edición, cun balance moi positivo.
O programa está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e cada vez son máis pequenos os que participan, logo de comprobar os anos anteriores que os nenos están contentos de participar e moi ben atendidos por monitores especializados. Ademais, Paifillonai, conta cunha subvención municipal.
Paifillonai abarca talleres, xogos libres, deportivos, cooperativos e tamén ao aire libre en parques e praias. Lévase a cabo de luns a venres Nesta quincena hai 89 participantes. Dispón dun servizo de comedor mediante catering e as actividades fomentan moitas habilidades nos cativos, entre elas, o respecto e o traballo en equipo.
Redacción Salnés








