![]()
SANXENXO> Beatriz Mato tratarán de buscar tamén unha vía de apoio para manter o correcto funcionamento do Centro de Día Municipal.
{flowplayer}images/salnes/centro_de_dia_sanxenxo.flv{/flowplayer}
O Centro de Día Municipal recibiu a primeira visita oficial da conselleira de Traballo, Beatriz Mato. Previamente tivo unha reunión coa alcaldesa, Catalina González, para tratar os temas máis urxentes no ámbito do Benestar. Entre eles, a posible construción dunha Escola Infantil no concello ou buscar vías de apoio para manter o correcto funcionamento do Centro de Día Municipal.
A conselleira resaltou o valor do compromiso da alcaldesa, que ata o de agora traballou sen apoio da Xunta, para sacar adiante proxectos de embergadura nos que agora, terá o apoio necesario. Para a representante máxima do concello, a entrevista coa conselleira ten unha valoración altamente positiva.
Os froitos desta reunión e o cumprimento de intencións por parte da Xunta haberá que comprobalos en 2010 cos novos orzamentos.
Redacción Salnés








