Amegrove reclámalle á Xunta máis investigación para determinar as causas do incremento da mortandade nas rías

O GROVE> O presidente de Amegrove reclámalle á Xunta máis apoio e máis investigación para analiza-las causas do aumento da mortandade nas rías galegas. Foi durante unha visita do presidente do goberno galego ás súas instalacións do Grove. Alfonso Rueda comprometeuse a apoia-lo sector e analiza-los cambios que están afectando á produción. Aproveitou tamén para cargar contra a lei de costas do Estado e a negativa do goberno central a transferir a Galicia as competencias sobre o litoral.

Durante a súa visita, o prisidente da Xunta percorreu as distintas partes que compoñen o ciclo produtivo do mexillón en Amegrove. Os responsables da cooperativa aproveitaron a ocasión para pedirlle a Alfonso Rueda máis apoio da administración galega á hora de buscar solucións á crise de mortandade que sufren as rías.

Unhas demandas que foron escoitadas por Rueda. Asegura que é preciso coñecer que está pasando nas rías para, logo, dar resposta ás necesidades do sector. Un sector, engadiu, fundamental para a economía do país.

Dende Amegroves reclamaron tamén un maior esforzo por parte da Xunta á hora de promociona-lo produto.

O encontro serviu tamén para cargar contra a lei de Costas do Estado. O sector, ao igual que a Xunta, di que non atende á realidade das empresas da costa galega.

E Rueda aproveitou para reclamar de novo as competencias sobre o litoral.

E engadiu, non ten sentido que Galicia non poida asumir estas competencias, cando si é viable noutras partes de España, tendo as mesmas condicións e partindo das mesmas leis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí