![]()
VILANOVA> A Lonxa de Vilanova xa está de novo en funcionamento tras ser remodelada e ampliada por Portos de Galicia. Nestas novas instalacións os traballadores…
{flowplayer}images/salnes/reapertura_lonxa_vilanova.flv{/flowplayer}
… e traballadoras do mar terán un punto de venda máis amplo e cómodo; aínda que polo de agora aínda están aclimatándose.
Tal e como se veu nas primeiras subhastas de bivalvos, nas que por certo as cotizacións foron á baixa, a rula vilanovesa conta con moito máis espacio para a clasificación e venda do marisco; uns metros cadrados que farán falla todos cando a lonxa se encontre a pleno rendemento.
Amais dos elementos convencionais nunha rula que se prece, nesta de Vilanova encontrámonos cunha pasarela para que os veciños e visitantes que queiran acudir como espectadores non entorpezan a actividade cotiá.
O certo é que aínda quedan algúns detalles nestas obras de Portos de Galicia de adecentamento no entorno do peirao do Cabo, pero agardase a que se conclúan en breve.
Redacción Salnés









