A Pobra aposta pola economía circular cunhas xornadas sobre agricultura ecolóxica

A POBRA> O concello da Pobra continúa co seu programa de aproveitamento de excedentes agrarios iniciado da o pasado ano. Desta volta, organiza unhas xornadas de iniciación á horta ecolóxica que serán impartidas pola asociación ‘Sachos á Rúa’.

En novembro do pasado ano, o concello da Pobra poñía en marcha o proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios en colaboración con Feitoría Verde e co financiamento da Deputación da Coruña.

O proxecto dará ó longo do mes de outubro un paso máis cos obradorios de iniciación á horta ecolóxica impartidos pola asociación ‘Sachos á Rúa’. Estas xornadas desenvolveranse os días 4, 5, 10 e 11 de outubro e abordarán diferentes contidos teórico-prácticos para quen queira iniciarse neste mundo.

Os interesados en participar deben inscribirse previamente no departamento de Promoción económica do concello.O límite de prazas é de 25.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí