![]()
O SALNÉS> Orixe e Calidade volve un programa máis para levarlles ata as súas casas toda a actualidade do sector vitivinícola.
Hoxe visitaremos o viñedo con Suso Paz. O técnico darános as claves para afrontar o inverno no campo, preparándonos para os futuros coidados que vai necesitar a planta.
Cambados xa é a Cidade Europea do Viño 2017, e deste tema falaremos na segunda parte do programa. A vila aínda está en plena celebración desta conquista, pero dende o concello son conscientes da importancia desta oportunidade.
E xa con este recoñecemento no seu haber, Cambados continúa coa programación para conmemorar o Día Europeo do Enoturismo, que se celebra este domingo. A vila acolle varias actividades, entre elas a exposición Art-Ibérica, da que tamén falaremos.
Así que xa saben, se queren estar informados de todo o que pasou nesta última semana no sector, non perdan Orixe e Calidade en Canal Rías Baixas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/promo_orixe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/promo_orixe.mp4{/flowplayer}









