![]()
O ROSAL> O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, será o encargado de inaugurar a festa, na que participan once adegas da subzona.
{flowplayer}images/salnes/160709_feira_vino_rosal.flv{/flowplayer}
O venres 17 de xullo ás oito da tarde arrinca a décimo sétima Feira do Viño de O Rosal. O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, será o encargado de presidir o acto inaugural, no que intervirá como pregoeiro o director de informativos da TVG Fernando Macías. Como vén sendo tradicional, a praza do concello acollerá os stands das once adegas que participan este ano, todas elas amparadas polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas. Desde o venres e ata o domingo, ademais da degustación dos viños, a organización da feira programou un gran abano de actividades culturais e deportivas.
Ás casetas das adegas uniranse varias carpas con produtos típicos da gastronomía da zona. Entre as novidades deste ano salienta a participación de 13 importadores estadounidenses, que visitarán a subzona convidados pola Cámara de Comercio.
Por segundo ano consecutivo, os organizadores da Feira van poñer en marcha un servizo de autobuses que cubrirá a ruta A Guarda – O Rosal. O percorrido iniciarase na Guarda ás nove e media o venres e ás sete e media o sábado e o domingo. Os autobuses sairán de O Rosal ás horas en punto e da Guarda ás medias ata as dúas da madrugada, agás o último día da feira, no que o servizo de transporte rematará ás doce da noite. Segundo previsións da organización, unhas vinte mil persoas visitarán este ano ata a Feira do Viño do Rosal.
Redacción Salnés







