VILAGARCIA> Medio milleiro de estudantes dos diferentes centros educativos de Vilagarcía déronse hoxe cita para berrar “non” á violencia de xénero. Unha representación do alumnado de primaria e secundaria de tódolos colexios da cidade concentáronse no auditorio para amosa-lo seu rexeitamento ao machismo. Logo, entre todos, amosaron os traballos centrados na igualdade que nas últimas semanas fixeron en clase.
A escalinata do auditorio de Vilagarcía quedou pequena para acoller o berro unánime da rapazada contra a violencia de xénero. Ás portas do 25N, unha representación do alumnado de primaria e secundaria de tódolos centros vilagarciáns concentrouse para amosa-la súa repulsa ás actitudes machistas.
Todos eles, ademais, chegaron ata aquí ataviados con pancartas e carteles que nas últimas semanas prepararon en clase.
Nas últimas semanas tamén foron preparando cancións ou vídeos centrados na mesma causa para amosar hoxe aos compañeiros dos outros centros.
E resultado de todo o traballo que veñen facendo nos centros educativos, o alumnado demostrounos esta mañá que asisten a este acto coa lección ben aprendida.
Porque a rapazada de hoxe serán os adultos de mañá, de aí a necesidade de concienciar canto máis cedo mellor.
En total, nestes actos do 25N participou medio milleiro de estudantes vilagarciáns.