RIBEIRA> A iniciativa, baixo o título ‘Camiño da Arte’, foi presentada esta mañá na sede da patronal local. Desenvolverase do 11 ó 21 deste mes de novembro.
A campaña ‘Camiño da Arte’ promovida pola artista local María Goretti Bello e organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira pretende converter as rúas da cidade nun gran museo urbano.
Desenvolverase do 11 ó 21 deste mes de novembro e nela participarán un total de 29 artistas locais.
O obxectivo é dobre. Por unha banda poñer en valor as produción dos artistas ribeirenses e ó mesmo tempo impulsar e revitalizar o comercio e a hostalería local, nuns momentos ademais complicados para estes dous sectores.
Tras esta primeira edición, e vendo a boa receptividade da iniciativa, non se descarta volver a organizala en vindeiras ocasións.
A proposta conta tamén co respaldo do propio Concello e da Deputación da Coruña.