![]()
VILAGARCIA> Dende o proxecto Arousa 21, creouse a marca “Sabor a mar” que foi presentada esta mañá en Vilagarcía polo concelleiro de Xestión do…
{flowplayer}images/salnes/sabor_a_mar.flv{/flowplayer}
… Territorio, Marcelino Abuín. O obxectivo desta nova maraca é a dinamización económica, social e cultural dos núcleos de Vilaxoán e Carril. Este proxecto desenvolverase en dúas fases: unha primeira destinada ó lanzamento da marca mediante iniciativas como son o reparto de mochilas, viseiras ou a creación dunha páxina web entre outros; e unha segunda onde se crearán e desenvolverán programas concretos que teñan como centro este logo, nun destes intentos recuperarase a canción mariñeira como elemento patrimonial diferenciado da zona.
Levaranse a cabo actividades de carácter comercial e de servizos, como sería o desenvolvemento de programas de aplicación como a conserva de calidade ou produtos derivados da lonxa de ambos os dous núcleos, así como as visitas a Cortegada entre outras moitas. “Sabor a mar” despegará este verán para dar a coñecer os produtos propios destes dous lugares.
Redacción Salnés









