![]()
VILANOVA > A proposta socialista de crear en Vilanova unha comisión informativa sobre o patrimonio económico e empresarial dos edís da corporación fixo saltar chispas no pleno de onte. O voceiro do PSOE Rodrigo Santiago explicou a necesidade desta medida para deixar fóra de toda dúbida que cumpren a legalidade.
O PSOE de Vilanova propuxo que o 12 de maio se constituíse unha mesa para o aporte voluntario dos datos de patrimonio económico e empresarial dos concelleiros.
O alcalde dixo non ter problema en presentar a súa declaración da renda pero rexeitou esta comisión, que cualificou de inquisitorial. Sen embargo afirmou que non tódolos membros da corporación e acusou ó voceiro socialista de supostas irregularidades desde que comezou as obras da súa vivenda. Durán lembrou que a finca foi recalificada como urbana nas Normas Subsidiarias que elaborou o PSOE en 1995. Ademais no ano 2000 sería adquirida por Santiago por 2.400 euros, e logo hipotecado por 90 mil euros.
Santiago dixo ter as mans limpas e acusou ó alcalde de facer unha interpretación interesada. O voceiro socialista lembrou que Durán chegou a Vilanova cos mocos no nariz, pantalóns curtos, asustadiño e en bicicleta polo que espera que algún día se aclare de onde procede o Rolls Royce que posúe. O BNG apoiou a moción socialista e recriminou ó alcalde que sacasa á palestra o caso da vivenda de Rodrigo Santiago. Finalmente, o PP fixo valer a súa maioría absoluta e rexeitou a moción.
Redacción Salnés









