A Pobra aposta por alternativas ao Plan de Saneamento Económico

    saneamentoeconomicopobra_21072009.jpgPOBRA> Un informe negativo de Intervención desbota a posibilidade de solicitar un crédito extraordinario.

    O concello de A Pobra finalmente non se acollerá ó plan do goberno para a solicitude dun crédito extraordinario. Ante o informe desfavorable de intervención, o executivo apostará por outras alternativas, baseadas na redución do gasto corrente e unha operación de tesourería a curto prazo.

    O real Decreto Lei 5/2009 aprobado polo goberno central para que os concellos poidan solicitar créditos para facer fronte ó pago de débedas pendentes establece unha serie de requisitos. Entre eles, a elaboración dun plan de saneamento financieiro das arcas municipais e a devolución do préstamo nun prazo de seis anos.

    {flowplayer}barbanza/saneamentoeconomicopobra.flv{/flowplayer}

    Informe desfavorable

    O goberno pobrés encargou ós departamentos de tesourería e intervención un estudo sobre a viabilidade de acollerse a este plan; os técnicos desaconsellaron a opción ante as dificultades de reembolsar o crédito nos prazos establecidos, que só sería posible mediante unha suba de impostos, e porque supón hipotecar o futuro da economía do concello xa que impide a solicitude de novos créditos para inversións durante estes seis anos.

    Operación de tesourería

    Como alternativa para facer fronte ó pago dun millóns de euros ós acreedores, o concello recorrerá a unha operación de tesourería a curto prazo por valor de entre 300 e 400 mil euros. Como medidas complementarias, unha vez liquidadas as contas de 2008, levarase a cabo un plan de reequilibrio económico ó prazo máximo de tres anos de cara a acadar unha situación de estabilidade orzamentaria, reducindo os gastos de persoal e incrementando os ingresos pola revisión do catastro en 2010.

    Con estas medidas, o concello pobrés agarda proceder ó pago de débedas por valor dun millón de euros nun prazo de dous meses. Tras esta operación, o nivel de endebedamento das arcas municipais situariase en torno a un 63 por cento, moi por debaixo do 110 que establece a lei.

    Redacción Barbanza