Optimismo na volta ó traballo dos mariscadores de Noia

NOIA> Os mariscadores de Noia volvían este luns ó traballo tras un mes de parón. Nesta primeira xornada amosáronse do máis optimista pois agardaban moita mais mortaldade tralas intensas chuvias. Constataron a abundancia de berberecho e de ameixa xapónica aínda que a babosa escasea.

Mellor do agardado.Así cualificaban a maior parte dos mariscadores de Noia o estado dos bancos marisqueiros nesta xornada de volta ó traballo.

Escaseaba a ameixa babosa, tal e como antes do peche. Sen embargo, os cupos de xapónica e o berberecho, de tres e cinco quilos respectivamente, colléronse sen moita dificultade.

As fortes chuvias das últimas semanas presaxiaban unha alta mortaldade do marisco. E aínda que si afectou a parte da produción, os mariscadores consideran que puido ser moito peor. Así as cousas, confían en alongar a campaña ata Semana Santa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí