Éxito na apertura da décima edición de Boiroferta

    BOIRO> Arranca con forza a décima edición de Boiroferta que se desenvolverá ó longo de toda a fin de semana. Nesta primeira xornada, a carpa emprazada na Boqueira de A Negral, rexistrou unha gran afluencia de clientes animados polos descontos que ofrecen os doce participantes na feira. A Asociación Boirense de Empresarios puxo en marcha unha nova edición de Boiroferta. Esta cita xa tradicional do comercio da vila afronta a súa décima edición con grandes expectativas en canto ó numero de visitantes e o índice de vendas. Esta primeira xornada non puido arrancar mellor. O tempo animou a veciños e visitantes a desprazarse ata a carpa instalada na praza da Boqueira da Negral. Alí puideron realizar as súas compras nos doce expositores que conforman a feira, con representación de diversos sectores, especialmente textil e calzado. A asociación agarda colleitar o éxito de anos anteriores nos que os comerciantes realizaron un balance moi positivo das vendas que permiten ademais dar saída ós restos da tempada de rebaixas. A feira permanecerá aberta durante toda a fin de semana en horario ininterrompido de dez da mañá a once da noite. Haberá actividades paralelas de animación infaltil e sorteos.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí