En marcha a segunda fase da posta en valor do Castro da Cidá

    RIBEIRA> O Castro da Cidá en Ribeira está a ser obxecto dunha segunda escavación co fin de sacar á superficie novas estruturas que poderían converter a este xacemento nun dos máis importantes de toda a comunidade. Un equipo de quince arqueólogos traballa xa na zona superior do conxunto para escavar novos restos das vivendas dos poboadores que habitaron este castro hai dous mil cincocentos anos. A actuación vense sumar á primeira intervención realizada na zona na que se puxeron en valor os restos arquitectónicos de quince vivendas que foron escavadas e consolidadas. Procedeuse tamén ó achado de numerosos útiles de traballo e instaláronse paneis informativos para a interpretación do xacemento.