Vilaxoán Canta reúne a centos de persoas na Praza Rafael Pazos

    vilaxoan_canta_100_210709.jpgVILAXOÁN> O acordeón de Salvador Cores, Manso, volveu a poñer son ó concerto, que cumpre xa 35 edicións.

    {flowplayer}images/salnes/210709_VILAXOAN_CANTA.flv{/flowplayer}

    Corría o ano 1980 cando dous músicos de Vilaxoán, Máximo Patiño e Salvador Cores “Manso” crearon o festival Vilaxoán Canta. Trinta e cinco edicións despois, este concerto coral demostrou por que suma ano tras ano máis éxitos.

    A música do acordeón de Salvador Cores e preto de 150 voces cantando ó unísono. Non fixo falta nada máis para que o festival Vilaxoán Canta volvese a resultar todo un éxito. A praza Rafael Pazos converteuse nun escenario improvisado no que a coral dirixida por Manso interpretou ata 15 temas diferentes. Pronto os centos de veciños que estaban entre o público se arrincaron tamén a cantar, xa que o recital incluíu pezas tan coñecidas como Somos de Vilaxoán, a Salve Mariñeira ou Lela.

    Desde que no 2002 falecera Máximo Patiño, un dos creadores deste festival, Salvador Cores dirixe en solitario o coro de Vilaxoán Canta, entre o que se atopan os membros da Coral Polifónica de Vilaxoán. Xuntos estiveron ensaiando durante dous meses as cancións do festival, moitas delas vellas coñecidas polo público. Pero tamén houbo novidades, como o tema Un día Marchei de Vilaxoán ou a zarzuela La de Soto del Parral.

    Redacción Salnés