A segunda edición do programa Depo Van da Deputación de Pontevedra medra ata o millón de euros

VILAGARCÍA> A Deputación de Pontevedra lanza a segunda convocatoria Depo Van, para facilitar a adquisición de vehículos ou remolques ás entidades deportivas da provincia. Nesta edición o orzamento medra ata o millón de euros, un 67% máis que na primeira. Anunciouno en Vilagarcía o presidente da Deputación, no acto de entrega dunha furgoneta ao Arousa.

Esta é a nova furgoneta do Arousa. O equipo vilagarciá acaba de facerse con ela grazas ao programa Depo Van da Deputación de Pontevedra. A entidade foi unha das 33 beneficiarias da primeira convocatoria.

O club salienta que necesitaban un vehículo como este, en especial, pensando no benestar dos xogadores.

O presidente provincial aproveitou para anunciar a inminente inminente aprobación da segunda convocatoria do programa Depo Van. Agora, cun orzamento que acada o millón de euros, un 67% máis que na primeira edición.

A convocatoria reserva 550.000€ para clubs de todas as disciplinas, 350.000€ para equipos de especialidades náuticas e 100.000€ para entidades de deporte adaptado.

O prazo da convocatoria será dun mes dende a súa publicación no Boletín da provincia.