A Rías Baixas parará en O Grove tras anos sen facelo

martincodax250_210709.jpgVIGO> O Salón Principal do Náutico de Vigo acolleu esta mañá a presentación institucional da Regata Rías Baixas Martín Códax-Gran Premio Portos de Galicia. Ó acto acudiron entre outros os alcaldes do Grove, A Pobra e Vilagarcía. Todos coincidiron en destacar a importancia que para as Rías Baixas ten a realización deste tipo de proxectos comúns.

Os alcaldes de Vigo, Vilagarcía, O Grove, Baiona e A Pobra do Caramiñal xunto á Secretaria de Turismo de la Xunta de Galicia Carmen Pardo e o Presidente do Náutico vigués Franco Cobas, déronse cita esta mañá na presentación institucional da Regata Rías Baixas-Martín Códax, que cumprirá a súa edición número 46.

No acto reivindicouse a necesidade de aunar forzas para que esta proba volva a converterse na máis importante do panorama náutico español, como xa o é en Galicia. As autoridades amosaron todo o seu apoio a esta regata, destacando a súa importancia a nivel turístico e deportivo.

Xosé Antonio Cacabelos, alcalde de O Grove, amosouse especialmente satisfeito porque a vila meca volva a ser parada da regata vinte anos despois.

No estrictamnete deportivo, 120 embaracacións de gran nivel de España e Portugaldaranse cita nesta proba que dará comezo o 14 de agosto coa etapa Vigo-O Grove. Pasará posteriormente polla Pobra, Ribeira e Sanxenxo, de onde sairá a quinta e derradeira regata o martes 18 de agosto rumbo de novo a Vigo.

Redacción Salnés