![]()
VILANOVA> O concerto terá lugar o sábado 25 de xullo a partir das dez da noite no parque do Xardín Umbrío.
{flowplayer}images/salnes/220709_gala_afasal_vilanova.flv{/flowplayer}
Afasal continúa coa súa programación de actividades lúdicas co obxectivo de recadar fondos para a asociación, ademais de dar a coñecer a súa labor en tódolos concellos da comarca. Nesta ocasión contaron co apoio da concellería de Cultura de Vilanova, que coa colaboración de Caixanova deseñaron un cartel de actuacións do máis completo para o vindeiro sábado. A cita será ás 10 da noite no parque Xardín Umbrío, e entre os artistas convidados, o grupo musical "Cómplices".
As asociacións de Mulleres Rurais aportarán o seu gran de area coa venda de doces e artigos de artesanía. Con estas actividades Afasal intenta seguir recadando fondos para financiar os talleres que ten en marcha e encarar novos proxectos, como crear unha oficina itinerante que percorra os concellos da comarca informando sobre o Alzheimer e o traballo da asociación.
Redacción Salnés









