Escolares ribeirenses homenaxean a Rosalía de Castro

RIBEIRA> O auditorio municipal acollía esta mañá unha actividade para escolares en homenaxe a Rosalía de Castro, cando se cumpre o 151 aniversario da publicación da súa obra ‘Cantares Gallegos’. Na mesma tomaron parte uns trescentos escolares de primeiro de Primaria de distintos centros educativos do municipio. A actividade, denominada ‘Cantamos en Galego’, estaba organizada polo Servizo de Normalización Lingüística e a concellería de Educación, en colaboración tamén coa área de Cultura. Trátase dun programa de coeducación en igualdade, deseñado ademais para xerar consciencia lingüística nos escolares, coa consecuente mellora no uso normal do idioma galego. Os pequenos tiveron a oportunidade de aproximarse por primeira vez á autora padronesa e coñecer algunhas das súas creacións ca lectura colectiva de dous poemas da escritora. Ademais o acto rematou ca actuación da Cuadrilla da Fonte Navegante, que coas súas letras divertidas e amenas fixo as delicias dos cativos.