A corporación da luz verde á depuradora de Corrubedo

    edarcorrubedo_100_270709.jpgRIBEIRA> A corporación municipal aprobou por unanimidade o anteproxecto de construción dunha estación depuradora na parroquia de Corrubedo.

    {flowplayer}barbanza/edarcorrubedo.flv{/flowplayer}

    Todos os grupos políticos coincidiron en sinalar a urxente necesidade desta infraestrutura para levar a cabo o saneamento integral do municipio.

    O voceiro da agrupación socialista, Francisco Mareque, cualificou de “moi positiva” esta actuación ao considerar que consolida a depuración de augas residuais nunha zona de Ribeira moi necesitada. Outro dos motivos do seu apoio a proposta baseouno na aceptación das alegacións presentadas polo súa formación. 

    Para Iniciativa Progresista de Ribeira, o apoio a este proxecto é un cheque en branco dado que está supeditado a que se cumplan todos os compromisos acordados cos veciños de Corrubedo e os colectivos que traballando e viven do mar.

    Dende o BNG de Ribeira, malia dar o seu apoio ao proxecto por ser unha cuestión vital para o progreso de Ribeira, culpabilizaron ao grupo de goberno local do déficit en saneamento que dende hai anos padece o municipio. Asemade, os nacionalistas botan en falta por parte da alcaldía e de Augas de Galicia unha aceptación explicita as alegacións que esta formación política presentara no seu momento. Entre outras, colectores para os núcleos como Lixó, Muíños e Salmón, maior profundidade na saída do emisor, conservación de camiños públicos, a reducción dos ruidos e impacto visual da estación depuradora.

    O alcalde insistiu que será prioridade do goberno municipal e autonómico o control do cumprimento dos compromisos adquiridos cos colectivos veciñais e mariñeiros de Corrubedo.

    Redacción Barbanza