RIBEIRA> Unha nena de catro anos tivo que ser rescatada polos bombeiros a última hora da tarde de onte no parque de Abesadas, en Ribeira, despois de que lle quedase atrapado o xeonllo nun dos xogos. O suceso levantou unha gran alarma. Ata o lugar mobilizáronse numerosos medios de emerxencia. Aínda que finalmente todo quedou nun susto e a nena foi liberada sen dano algún.
Unha vez alí os equipos de emerxencias cortaron parte da varanda que aprisionaba o xeonllo da nena, que puido saír do xogo sen dano algún.
Ademais dos bombeiros do parque comarcal de Boiro, ata o lugar desprazáronse tamén numerosos medios de emerxencias como é o caso do Grupo de Atención ás Emerxencias Municipal, unha ambulancia do 061, e a Policía Local e Nacional.











