O presidente da Deputación supervisa as obras da Avenida de San Campio en Outes

OUTES> O presidente da Deputación da Coruña desprazouse ata o concello de Outes para visitar as obras de reforma da Avenida de San Campio,a cometidas con cargó o Plan Único. Valentín González Formoso tivo tamén ocasión de comprobar o resultado da humanización da rúa da Capela, acometida recentemente con financiamento provincial.

O obxectivo da visita do presidente provincial  a Outes era coñecer dúas actuacións acometidas en pleno casco da Serra con cargo ó Plan Único da Deputación . Unha delas, xa rematada, a humanización da rúa da Capela que supuxo un importante pulo para unha das principais arterias comerciais da vila.

A continuación, desprazáronse ata as obras da avenida de San Campio, que por fin se atopan en fase de execución, tras un longo proceso non exento de trabas que supuxo un importante retraso no reinicio dos traballos. A actuación que suporá unha importante mellora das comunicacións no concello estará rematada nun prazo de seis meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí