![]()
SANXENXO> Xunta e Concello procederon hoxe ó repintado do coñecido como cruce dos Cotos, na parroquia de Dorrón.
{flowplayer}images/salnes/cruce_dos_cotos.flv{/flowplayer}
SANXENXO> Xunta e Concello de Sanxenxo procederon hoxe ó repintado do coñecido como cruce dos Cotos, na parroquia de Dorrón, e que atravesa a vía autonómica PO-308.
A alcaldesa Catalina González e mailo delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís inspeccionaron as obras a primeira hora da mañá. Con esta actuación, o cruce recupera o seu estado orixinal e permite o xiro á dereita cara o centro de Dorrón, para os coches que van de Sanxenxo en dirección a Pontevedra.
Deste xeito, as administracións responden á demanda veciñal. Pero, como dixo o delegado, esta é unha medida provisional, namentres non se pon en marcha o proxecto de seguridade viaria deseñado polo Concello, que inclúe varios pasos de peóns. A Xunta está arestora estudando esta proposta.
Redacción Salnés









