![]()
PONTEVEDRA> Pontevedra contará cun Consorcio Provincial de Bombeiros que xestionará de xeito indirecto e cunha xerencia única os catro parques …
{flowplayer}images/salnes/280709_louzan_bombeiros.flv{/flowplayer}
….existentes na provincia. Este é o resultado máis destacado da xuntanza que mantiveron esta mañá en Pontevedra o Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, co Presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán; e na que estiveron presentes representantes dos parques comarcais de bombeiros da provincia. Este Consorcio asumirá a xerencia dos parques xa existentes de Ribadumia- Vilagarcía, Bueu, Porriño e Silleda, dos que este último é o único xestionado polo ente público. A nova xestión destes catros parques estará unificada e privatizada; nel unificaranse os salarios dos traballadores e os seus gastos serán asumidos ó 50 % entre o goberno galego e o ente provincial; xunto cunha colaboración dos concellos afectados, aínda por determinar.
Precisamente esta xestión indirecta é o principal punto de desencontro entre as forzas sindicais e o goberno. Nesta reunión os sindicatos presentaron un informe previo do que eles entenden que debe ser o novo consorcio; para conseguir aumentar o ámbito de cobertura e o tempo de resposta deste servicio de emerxencia.
Nesta xuntanza os sindicatos denunciaron tamén o incumprimento da lei de emerxencias de Galicia e o funcionamento xeralizado deste servicio de emerxencias, non só nesta provincia, senón en toda a comunidade galega.
Redacción Salnés









