Os traballadores de Atunlo saen á rúa contra o ERE na planta do Grove

O GROVE> Concentración dos traballadores de Atunlo ás portas do Concello do Grove contra os despidos na planta da Siradella. Lamentan que o ERE proposto pola empresa leve por diante 125 postos de traballo, a maioría mulleres. Insisten en que non hai garantías de que os despedidos poidan cobra-las indemnizacións. Botan en falta máis apoio por parte do concello e dos distintos grupos municipais.

Primeira concentración da CIG ás portas do Concello do Grove polo futuro da planta de Atunlo neste municipio. A protesta chega horas despois de que a compañía baixase de 136 a 125 o número de traballadores afectados polo seu ERE. Unha medida insuficiente, ententenden dende a CIG, que deixa na rúa a ducias de mulleres.

A central nacionalista, minoritaría en Atunlo, di que o único camiño é a loita. Insisten en que  a situación preconcursal de Atunlo non garante nin tan sequera o cobro das indemnizacións.

Denuncian o desmantelamento da planta da Siradella, deixando mermado unha vez máis o tecido industrial na vila e no resto da comarca.

Ao mesmo tempo, dende o sindicato denuncia a falta de apoio que amosan o concello e os distintos grupos municipais. Fan unha comparativa entre a súa implicación cos traballadores de Atunlo e, no seu día, cos de Thenaisie Provoté.

A proxima xuntanza vai ter lugar o día 15.