POBRA> Como cada vinte e catro de febreiro, o concello da Pobra rendeu homenaxe a Rosalía de Castro. A ofrenda floral na praza que leva o nome da escritora estivo precedida pola lectura de fragmentos dos seus poemas.
Tódolos grupos da corporación pobrense quixeron sumarse ó acto de celebración do Día de Rosalía de Castro. A concelleira de Cultura tomou a palabra para significar a importancia da escritora como figura clave non só da literatura senón tamén do galeguismo e o feminismo.
Tralo discurso os asistentes procederon á lectura dun poema de Rosalía acompañados da música e baile do grupo tradicional Arrancadeira. O acto rematou cunha ofrenda floral.