O ministro de Fomento manterá o servizo de cercanías na comarca

    pepeblancoencatoira_03082009_100.jpgCATOIRA> Na súa visita a localidade, Blanco tamén se comprometeu a investir na rehabilitación das Torres do Oeste.

    A "Romaría Vinkinga" de Catoira contou ca presencia dun invitado de excepción, o ministro de Fomento José Blanco que foi recibido na casa do concello, ademáis de polo rexedor Alberto García, polo subdelegado do goberno, Antón Louro, membros de goberno local e grupos da oposición, así como destacados integrantes e simpatizantes da agrupación socialista na comarca, como Joaquín Gago ou Modesto Pose.

    Era a primeira vez que un ministro acudía a esta celebración, polo que o alcalde da localidade, Alberto García non ocultou a súa satisfacción por poder contar coa súa presencia cando a celebración está a piques de cumprir o medio século de historia.

    {flowplayer}images/salnes/pepeblancoencatoira.flv{/flowplayer}

    Asemade, o rexedor conseguiu arrincar dous firmes compromisos do dirixente do goberno central. Por unha banda, a busca dunha solución manter o servizo do tren de cercanías entre os concellos de Vilagarcía e Santiago. O Ministro de Fomento engadíu que a alta velocidade, suporá unha importante oportunidade para a comunidade galega que recuperará a súa competividade cunha novas infraestruturas ferroviarias.

    Blanco tamén deixou dito en Catoira que o Ministerio que el dirixe financiará a meirande parte do proxecto de rehabilitación das Torres do Oeste e o seu contorno, símbolo da localidade e declaradas Monumento Histórico Artístico dende 1931.

    O proxecto, orzamentado nun millón de euros, ademáis da posta en valor das torres, inclúe unha excavación arqueolóxica no contorno e a construción dun centro de interpretación.

    Redacción Barbanza