UU.AA. pide calma ante a expansión da gripe aviaria

    UU.AA. ven de pedir calma ante o continuo bombardeo de novas sobre a gripe aviaria. O responsable do sector avícola do sindicato asegurou hoxe que non hai motivo de preocupación xa que é imposible que no noso país unha ave enferma chegue ó mercado. UU.AA. asegura que os controis nas granxas do Salnés son totais e comezan xa na galiña que pon o ovo do que sairá o polo.

    Os controis comezan pola galiña que pon o ovo, continúan por éste e pasan á granxa, onde se certifican as condicións hixiénico sanitarias antes e durante a estancia dos polos. Unha fase na que destacan as excelentes condicións das granxas do Salnés. 

    UU.AA. asegura que o consumo non caeu tralas últimas novas polo que non admitirán unha baixada nos prezos que reciben os productores, e insisten en que non existe risco sanitario de ningún tipo xa que os controis en Europa son exhaustivos e non entran animais de fora.

    Redacción Salnés