As prazas pechan o ano con boas vendas a pesar do aumento do prezo do marisco

CAMBADOS> Boas vendas nas prazas de abastos por fin de ano, a pesar dos altos prezos do marisco. Os temporais das últimas semanas elevaron o prezo dos produtos. O marisco máis demandado foi o centolo.

Cada ano as compras de marisco para a cea de nadal comezan máis pronto. Moitas persoas prefiren compralo antes e conxelalo para aforrar cartos, a pesar diso nos últimos días do ano as prazas rexistraron numerosas vendas.

Os prezos eleváronse polos temporais das ultimas datas, especialmente mariscos como as centolas ou os percebes.

As centolas, a pesar da suba dos prezos foi un dos mariscos mais vendidos.

Os que se achegaron no ultimo dia notaron o aumento dos prezos pero iso non lles impediu comprar o seu marisco

E con todo xa comprado, só queda elaborar unha boa cena para despedir ben o ano.