Cambios de última hora na lista do PSdeG en Pontevedra: Torrado baixa ao posto 4

VILAGARCÍA> O PSdeG xa ten elaboradas as listas coas que concorrerá ás eleccións galegas do 5 de abril. As candidaturas, aprobadas onte polo Comité Nacional do partido, saíron adiante logo de que a dirección do partido introducise cambios respecto ás elaboradas polas executivas provinciais.

Deste xeito, Julio Torrado pasa do posto tres ó catro. Por diante del quedan agora, ademais do propio candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, a xa exdeputada provincial Isaura Abelairas e a concelleira pontevedresa Paloma Castro. O vilagarcián réstalle importancia a este movemento de última hora.

Torrado entende que os cambios feitos son normais e que a militancia do partido foi escoitada como sempre. Destaca que as propostas finais foron aprobadas por unanimidade.

O deputado presume de que o seu partido conta cun sistema de elección de candidatos no que conta a opinión de todos. Contrapono ó de outras formacións como o PP e aproveita para indicar que os de Feijóo aínda non desvelaron quen será o seu candidato por Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí