Ribeira pecha a campaña de Nadal con pouco marisco pero boa cotización

RIBEIRA> Pasadas as datas festivas deste Nadal toca facer balance da campaña marisqueira. En Ribeira, a pesar da escaseza de capturas destacou a boa facturación posto que as principais especies acadaron moi bo prezo en lonxa.

Xa o marisco adoita subir no Nadal. E se, por riba, hai pouco, algunhas especies non son aptas para tódolos petos. En Ribeira escasearon as capturas dalgúns dos produtos estrela destas festas como a centola ou a nécora; sen embargo, mantívose a facturación en índices similares a anteriores campañas data a elevada cotización.

Algo semellante pasou coa ameixa babosa que roldou os cincuenta euros nos últimos días. Agora pasado o tirón do Nadal, os prezos volverán á normalidade. Os mariscadores terán que facer fronte á escaseza de recurso aínda que as expectativas de cara a vindeira campaña son máis optimistas dada a gran presenza de cría de ameixa nas autorizacións.