A Pobra pon en marcha este curso o programa ‘Espazos para familias’

POBRA> O concello da Pobra porá en marcha o programa Espazos para as Familias. A iniciativa promove a realización de sesións en grupo para familias con menores de tres anos que busquen compartir a súa experiencia.

Esta iniciativa, dirixida a familias con nenos menores de tres anos, ten por obxectivo crear un espazo común para compartir experiencias educativas e favorecer o desenvolvemento e a socialización dos cativos de forma lúdica.

As sesións desenvolveranse os martes en horario de mañá en grupos de dez a doce familais. Serán impartidas por profesionais da asocaición educativa Antonio Gandoy, creada en 2012 para continuar coa labor iniciada co programa Preescolar na Casa xa hai case dúas décadas.

O cocnello da Pobra xa remitiu cartas ás máis de cento trinta familias do municipio con menores de tres anos. Nos próximos días realizará unha presentación pública para fomentara inscrición no programa que dará comezo en novembro e desenvolverase durante todo o curso escolar.