O concello pobrés dispón xa dun novo vehículo para a Policía Local

    novocochepoliciapobra_100_040809.jpgPOBRA> O coche, cuxa compra foi financiada a través dunha subvención da Consellería de Presidencia, presentouse esta mañá na parte traseira da casa consistorial.

    {flowplayer}barbanza/novocochepoliciapobra.flv{/flowplayer}

    Dende hai tempo o executivo pobrés viña demandando un novo vehículo para a Policía Local, debido fundamentalmente ás necesidades actuais do corpo policial. A adquisición do coche, un Renault Megane Scenic totalmente equipado coas máis modernas tecnoloxías, foi posible grazas a unha subvención da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Con este novo vehículo o parque móbil da Policía Local da Pobra componse de catro coches e unha moto. Unha cantidade suficiente para afronta-lo traballo diario dos axentes, aínda que de cara ó ano que vén está prevista a solicitude doutra moto máis. 

    Mellora dependencias

    O alcalde, Isaac Maceiras, anunciou a visita para o mes de setembro do Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, durante a que lle trasladará a necesidade de acometer varias melloras nas dependencias da Policía Local.

    Novos auxiliares

    O executivo pobrés aproveitou este acto de presentación do novo vehículo para informar da contratación de seis novos auxiliares de Policía Local que se sumarán ós dez axentes fixos e que prestarán os seus servizos na localidade durante a tempada de verán. A contratación dos auxiliares foi posible grazas tamén a unha subvención da Consellería de Presidencia.

    Redacción Barbanza