Pecha ó baño a praia da Torre por un vertido de fecais

RIANXO> O concello de Rianxo pechou ó baño a praia da Torre por mor dun vertido de fecais. Nun control rutineiro para analizar a calidade das augas, detectouse unha elevada presenza da bacteria E-Coli polo que se desaconsella o baño de xeito temporal.

Polo momento, non se coñece a orixe do vertido aínda que si está descartado que proceda da rede municipal de saneamento posto que a empresa responsable do servizo non detectou ningunha incidencia.

A principal hipótese é que o vertido proceda doutro punto da ría de Arousa e acabou por afectar ó areal rianxeiro.