A historia do crime do Pazo do Monte de Ribadumia, recollida nun libro

RIBADUMIA> O Crime do Pazo do Monte mantense na memoria colectiva de, practicamente, tódolos veciños de Ribadumia. Agora a historia do asasinato dun cacique local recolleuse na última publicación de Hernándo Martínez. Segundo recoñece o autor, este traballo é moi especial, porque dende neno escoitou falar deste caso entre os maiores.

Din que non hai nada como un defunto famoso, primeiro temido, despois odiado. Este pode se-lo perfecto resumo da historia que se agocha tralo crime do Pazo do Monte. Os feitos aconteceron aló por finais do século XIX e agora Hernando Martínez dálle forma a través da súa última publicación. Segundo explica, é unha creación que nace da sabedoría popular.

Naquel crime a vítima fora un cacique local, primeiro alcalde e logo xuíz e sempre movendo os fíos de todo o que acontecía na vila. Foi un criado seu, que previamente despedira o que lle deu morte. Na publicación estes sucesos dende 3 perspectivas: a memoria popular, a versión xudicial e a histórica.

A edición do libro corre a cargo do Concello de Ribadumia. Para o goberno local, este tipo de publicacións serven para darlle un valor engadido á cultura local.

Como os feitos aconteceron en Lois, mañá haberá unha presentación aberta no Local Social desa parroquia. Será ás 9 do serán. A cita servirá tamén para que aquel que o desexe se faga cun exemplar. Pódense recoller tamén nas oficinas municipais.