Punto importante do Barbeito ante un rival directo

futbolsala250_120208_001.jpgSALNÉS > O Hermanos Barbeito empatou na súa visita a Carballiño, o que lle serve para rompe-la dinámica negativa na que estaba metido. Mentres o Grupo Junquera logrou unha importante victoria en Touro.

Bo empate do Hermanos Barbeito en Carballiño. Un punto non serve agora para moito na clasificación pero sí que lle pode outorgar certa moral para os vindeiros encontros.

Era un partido entre dous rivais directos por eludi-lo descenso e iso notouse nos primeiros compases, no que os dous equipos preocupáronse moito máis por defender a portería propia que por atacar a rival.

Así ata o minuto once cando Bolas adiantou os locais. Fisgas empatou rápido pero Miki puxo en vantaxe de novo ó Carballiño antes do descanso. Na segunda metade os dous equipos saíron moito máis decididos a levarse os tres puntos e as ocasións sucedéronse nun lado e outro pero so Pablo Durán puido perforar a portería ourensán para colocar o 2-2 final.

Un empate que deixa a ambos conxuntos metidos nos postos de descenso. O Barbeito está agora a catro puntos da salvación.

Por outra banda o Grupo Junquera toma aire e escapa un pouquiño dos postos de descenso tras acadar a súa segunda victoria consecutiva, desta volta ante o Boqueixón por 1-3.

Foi un partido moi duro, vaciáronse físicamente uns e outros. Os locais adiantaronse por mediación de Enrique no minuto tres pero Kinso, Fran e Santi déronllela volta o marcador para levarse tres puntos que permitirán afrontar con maior tranquilidade o vindeiro encontro de liga ante o líder Iriote.

Redacción Salnés