As mariscadoras de Carril interpoñen un contencioso contra os permex

    VILAGARCIA> A Agrupación de mariscadoras de a pé de Carril entende que vinte novos permisos de explotación

    {flowplayer}images/salnes/contencioso_mariscadoras_carril.flv{/flowplayer}

    … máis son de máis para a súa explotación posto que non hai recursos para tantas novas prazas. Amais, cren que esta decisión da Consellería do Medio Rural e do Mar de conceder 20 novos permex é unha represalia por teren botado abaixo a anterior proposta de crearen doce. O colectivo de a pé entende que son 72 mariscadoras que ganan suficientemente o xornal, aínda que hai moitas temporalmente de baixas. Un incremento de dúas decenas sería demasiado para a capacidade productiva do areal.

    A outra cara da moeda atopámolo no colectivo de mariscadoras sen permiso Lazareto que se congratulan ó ver que finalmente se accedeu ás súas peticións. Ven nestes novos permex unha nova posibilidade laboral no mar, nestes tempos que tanta falla de traballo hai.

    A loita foi ardua e constante, pero parece que finalmente a resolución está encarrilada. A Consellería do Medio Rural e do Mar asegura que esta nova partida de permisos se axusta ós resultados de viabilidade dos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socioeconómicos.

    Nas bases do proceso de selección o departamento autonómico desenrólao en dúas partes: unha de caracter xeral e outra destinada na que se outorgarán dúas prazas a persoas que adoezan de especial necesidade socioeconómica.

    Redacción Salnés