Cambados enchese de actividades para conmemorar o Día do Enoturismo

    CAMBADOS> Catas, showcooking, coctelería e unha mostra de produtos galegos centrarán as IV Xornadas de Degustación e Maridaxe dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que constituirá unha das moitas actividades programadas polo Concello de Cambados para conmemorar o Día do Enoturismo, que será o 13 de novembro. 

     

    Exposicións e catas, son só algunhas das actividades programadas polo Concello de Cambados, para celebrar o Día do Enoturismo, que se celebrará o vindeiro 13 de novembro. 

    O sábado 5 de novembro inaugurarase unha mostra de Arte Ibérica, que se prolongara ata o 11 de Decembro no salón Peña.

    Tamén do 5 o 6 de novembro o Salón Peña acollerá as IV Xornadas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

    A programación concluirá coa Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que terá lugar o domingo 13 de novembro no mesmo escenario do Salón Peña.

    Moitos actividades, dentro dunha programación moi completa que ten un protagonista en común; o viño. E para dar comezo a esta celebración, os que queiran poderán visitar a exposición de Abel Barandela “Costumes e Viño Tinto” estará dispoñible este venres as 18:00 en ExpoSalnés.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/ptac_europa_enoturismo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/02/ptac_europa_enoturismo.mp4{/flowplayer}¡