Máis de 130 empresas do Salnés recibiron asesoramento en novas tecnoloxías no SmartPeme da Deputación

CAMBADOS> Máis de 130 empresas do Salnés recibiron asesoramento en novas tecnoloxías no servizo SmartPeme de Cambados. Dende o seu nacemento, este servizo da Deputación de Pontevedra fixo máis de 400 asesoramento. De cara ós vindeiros meses, o obxectivo do ente provincial é impulsar asesoramento  en materia tecnolóxica vinculados ó turismo.

Elisa creou unha páxina web especializada en costura e patronaxe infantil. A súa empresa dedícase á venda de patróns dixitais para que, dnede a casa, calquera poida crea-las súas propias pezas de roupa para os máis pequenos. O proxecto naceu, en parte, aquí, no SmartPeme que a Deputación ten en Exposalnés. Ela é unha das máis de 700 persoas que pasaron polas actividades formativas que se desenvolven neste centro, baseadas no impulso  das novas tecnoloxías.

Dende que o SmartPeme de Cambados está en marcha, impulsáronse 90 obradoiros sobre novas tecnoloxías e unhas 130 empresas recibiron asesoramento. Nunha visita ás instalacións, a presidenta provincial avanzou que este ano tamén se van poñer en marcha asesoramentos vinculados ó turismo.

Para a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o servizo provincial do SmartPeme é un impulso para a empregabilidade na comarca do Salnés.

O servizo SmartPeme está pensado para persoas emprendedoras, autónomas ou asociacións.