Rosa Quintana presenta en Ribeira a nova patrulleira do Servizo de Gardacostas

RIBEIRA> A Consellería do Mar segue a reforzar o servizo de Gardacostas con novos medios técnicos e humanos.

Esta é a terceira das catro patrulleiras lixeiras con que a Xunta de Galicia está a reforzar o servizo de Gardacostas. Punta Falcoeiro, con base en Ribeira, xa está operativa para realizar tarefas de rescate, loita contra o furtivismo e protocolos anticontaminación. Esta embarcación súmase ás patrulleiras Punta Promontoiro, con base en Celeiro, Punta da Guía, con base en Vigo e un futuro buque en construción que terá base no porto da Coruña.

Un investimento total de tres millóns e medio de euros.Ademais deste investimento, a Consellería do Mar reforzou o cadro de persoal con maís de corenta novas contratacións.

Tamén está prevista a construción dunha patrulleira de altura que substituirá á Paio Gómez Chariño por importe de máis de seis millóns e medio de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí