Vilagarcía adxudicará esta semana o seu plan de mobilidade

    dg_100.jpgVILAGARCIA> O Consello da Xerencia de Urbanismo, acordou esta mañá en asemblea seguir de preto a problemática do tráfico neste concello e a súa…

    {flowplayer}images/salnes/110809_plan_mobilidade_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … futura ordenación. Para isto, adxudicarase en breve un Plan Municipal de Mobilidade co que se buscará facer un estudio completo do tráfico na cidade para poder así redistribuílo para mellorar a súa fluidez e converter este espazo nun lugar máis accesible e seguro.

    Precisamente, será o Consello da Xerencia de Urbanismo o encargo de asumir o estudio e implantación deste plan para intentar así acadar un maior consenso entre as distintas forzas políticas municipais.

    Este Plan de Mobilidade contará cun orzamento de entre os sesenta e os setenta mil euros e cun prazo de execución de doce meses a executar por fases; o que posibilitara ir acometendo as actuacións máis urxentes sobre a marcha se fose mester.

    Redacción Salnés