Cambados contratará as obras da nova piscina antes de que remate o ano

    Antes de que remate 2017 estarán adxudicadas as obras da ansiada reforma da piscina municipal de Cambados. O anuncio fíxoo esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra, no acto de presentación do proxecto de mellora, que tivo lugar na praza do concello cambadés. Un proxecto, aseguraron, moderno, funcional, e eficiente. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo poñer en antecedentes sobre a polémica da agardada reforma da piscina municipal de Cambados, ós asistentes ó acto de presentación do proxecto. A praza do concello serviu de escenario para un evento no que se explicou que o proxecto anterior, do ano 2015 cando goberna o PP en concello e Deputación, incumpría e legalidade no tocante á climatización da piscina . Unha decisión que, tal e como detallou o arquitecto encargado do proxecto e a presidenta da entidade provincial, permitirá o correcto funcionamento da piscina, e a integración da nova estrutura no entorno. A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, subliñou no acto o seu agradecemento á Deputación pontevedresa por apostar por este proxecto, que terá un prazo de execución de 11 meses, un tempo no que a piscina non poderá usarse, pero sí o resto do complexo deportivo do Pombal. O custe total da reforma da piscina será de 900.000 euros, 300.000 máis que o proxecto de 2015. Desde o concello e a Deputación prevén que antes de que remate este 2017 as obras serán adxudicadas para poder comezar cos traballos.