O pósito rianxeiro realiza un dragado para mellorar a súa produción marisqueira

RIANXO> A Confraría continúa a desenvolver traballos de rexeneración e limpeza nas súas concesións. Estas actuacións teñen coma principal finalidade ter os bancos marisqueiros nas mellores condicións de cara a futuras campañas extractivas.

O pósito rianxeiro executa unha dragaxe duns quince mil metros cúbicos na zona que comprende o porto de Leiro coa praia da Antonia. Trátase dun proxecto a catro anos cun custe no seu total duns 480 mil euros co que se persegue recuperar a produtividade nunha zona actualmente degradada.

O pósito ten intención en darlle continuidade a este proxecto a outros catro anos noutra das súas zonas improdutivas.