Os mariscadores noieses volven ó traballo despois do peche preventivo de onte

NOIA> A última hora de onte o pósito recibía xa o informe do Intecmar sobre o levantamento cautelar do peche da actividade, o que posibilitaba a volta ós areais.

Esta mañá retomábase a actividade marisqueira na ría noiesa depois de que o Intecmar decidira a última hora de onte levantar o peche preventivo que impediu ir ó mar na xornada de onte luns.

O patrón maior referiuse a que non está a ser un ano  bo para o sector.

A vindeira semana o pósito noiés ten previsto abrir o banco da Misela no que teñen postas tódalas esperanzas desta campaña.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí